Á VIRXE de PORTAS (Recordando o cariño que lle tiña o meu esposo que sempre, coma bo devesano, lembrou a romaría desta data 25 de marzo)
Fóronse
as casas quedaron baleiras
Ela soíña na Capela
feita, hai moitos anos, de pedra.
Ao seu carón nunha fonte
corre auga sen parar
nela beberían os arrieiros
facendo un alto para descansar.
Diante un campo que na primavera,
énchese de macelas
anunciando deste xeito a todos
a hora de sua romaría sinxela.
Chámase, que mais ten, ela é a Virxe María
pero para os de Devesos, e alí escondidiña,
VIRXE de PORTAS será, sempre, toda a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario